Os Chiquilicuatres nace como proxecto musical, motor e medio de transporte para tres músicos na procura de formación e contacto con outras culturas. Nas súas viaxes é onde se desenvolve o seu crecemento, e polo tanto onde se misturan os camiños da súa música.
Os Chiquilicuatres vistense co que levan posto e arropanse co que atopan no camiño, buscando outras xentes con quen falar. A música como linguaxe universal, como única lingua que non precisa da violencia pra se comunicar. Unha mistura de ritmos e melodías que parten de Galicia e percorren diferentes lugares na procura da festa. Os Chiquilicuatres somos, respiramos e viaxamos polo mundo con estas caras:
Alberto Millán: (Gaita Galega, flauta travesera, tinwhistle e percusión). Comeza a súa educación musical no ano 1983 a bordo da Escola de Gaita e Percusión de Riveira, onde dous anos mais tarde formarase a Banda de Gaitas Ancoradoiro, na que permanece ata o ano 2000 e na cal percorre boa parte dos festivais da Península como o Festival Celta de Ortigueira, a Carballeira de Zas, Festival Folk Cidade Vella (Santiago de Compostela), Xuntanza Internacional de gaiteiros(Carballiño), Barcelona, Alicante, Murcia, Asturias, New Jerse y(EE.UU), Algarbe(Portugal), Brest(Francia), así coma en diversos teatros e auditorios de toda a xeografía galega, acadando premios coma a 1º posición no Campionato Provincial e Nacional de Bandas de gaitas no 92,1º premio no I Certame de Bandas e Grupos de gaitas da concellería de Cultura, e da RTVG no 95, nominados para o Premio da Música de Galicia polo traballo discográfico Sui generis(1997), máis un segundo traballo publicado titulado Andaina(1992).Todos estes anos compaxina os ensaios da banda con diferentes cursos e estudos musicais:Clases de canto e pandereta, solfeo no Conservatorio de Riveira, cursos de composición e armonización de gaita, cursos de percusión tradicional galega. No curso1995-1996 exerce de mestre na Escola Municipal de Gaita e Percusión de Riveira e do 1996 ó 1997 exerce de mestre na Escola de Gaita e Percusión Gaiteiros de Portosín. Tempo despois abandoa a docencia pra adicarse a tocar en diferentes formacións folk e rock coma Os caralludos, Armórica, Bastantes Ilon e Chacarita`s band, formando parte actualmente do grupo A compañía do ruido, banda na que ten publicado un EP e dous traballos discográficos i embarcado neste novo proxecto cos Chiquilicuatres co cal tivo o pracer de tocar en galicia, parte da Península Ibérica, Italia, Portugal, Escocia e Irlanda.
Fernando Pérez: (Clarinete e percusión). Iniciase na ensinanza musical ós oitos anos na Banda de Música do Conservatorio Municipal de Riveira, cursando oito anos diversas asignaturas como solfeo, armonía, análise e clarinete. Continua os seus estudos no Conservatorio da Coruña, no que pasa a formar parte da Banda Sinfónica. Nesa época realiza diversos cursos como un de técnica de interpretación do clarinete e outro de técnicas de improvisación de jazz. Como membro de grupos, formou parte dun cuarteto de jazz chamado Nan2, un grupo de rock sinfónico chamado Básico cos cales realizou varias actuacións ó longo da xeografía galega, e participando tamén como colaborador en concertos de grupos de folk e rock.Actualmente é músico de A Compañía do Ruído e dos Chiquilicuatres.
Suso Bello: (Guitarra, percusión e voz). Este non foi a clase.